Camiño de Santiago en Galicia

Clasificación de contido
Todos
Goberno
50.000+
Descargas
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Nace como parte do proxecto Smart Camiño co fin de acompañarte na túa viaxe e ser a túa guía de peto; é unha aplicación móbil pioneira, que ten a grande aspiración de situarse como líder no seu segmento.

Achega información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.

Disporás, en tempo real, de toda a información que necesites en cada momento:
— Acceso a toda a información dos trazados oficiais das rutas. Ademais para os usuarios rexistrado permitirá acceder ás rutas personalizadas no portal
— Rede oficial de albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotos
— Acceso a información de eventos (festas, concertos, talleres...)
— Información detalladas (descrición, localización, imaxes…) de todos os recursos turísticos
— En cada un dos tramos poderá consultar onde comer, onde aloxarse, que visitar…
— Alertas de ofertas publicadas establecementos turísticos
— Información en tempo real das condicións meteorolóxica fornecida por Meteogalicia
— Datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias
— O meu diario permitirá gardar os momentos máis importantes do Camiño (notas de texto/fotos), para posteriormente a través da funcionalidade do portal A miña Experiencia crear o seu propio libro dixital
— Dispoñible nos idiomas galego, español, inglés, alemá, francés, italiano e portugués

Ademais, a maior parte das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura no móbil.
Realiza un seguimento do teu Camiño de Santiago personalizado
Última actualización
12 de xuño de 2026

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
  • Esta aplicación pode compartir estes tipos de datos con terceiros
    Actividade das aplicacións
  • Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
    Información persoal, Fotos e vídeos e Actividade das aplicacións
  • Non se encriptan os datos
  • Podes solicitar que se eliminen os datos

Novidades

Incorpórase un servizo que permite coñecer o teu avance e o que queda para finalizar o percorrido da etapa. Tamén poderás consultar recursos e establecementos próximos a aquel que estás a consultar. Nos mapas, renovamos a súa visualización para ofrecerche unha experiencia máis cómoda. Engadimos un directorio das Asociacións de Amigos do Camiño existentes no mundo. Finalmente incorporamos novas opcións para protexer a túa privacidade.

Servizo de asistencia da aplicación

Acerca do programador
XUNTA DE GALICIA
012@xunta.gal
PLAZA DO OBRADOIRO 3 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA Spain
+34 981 90 06 43

Máis contido de Xunta de Galicia