Fotobiografía sonora. Un proxecto documental de Arraianos Producións coordinado por Aser Álvarez.
Publicado en 2022 esta edición multimedia sintentiza a biografía e fai unha coidad escolma de textos escritos por Xosé Velo Mosquera (Celanova, 21 de abril de 1916 - São Paulo, 31 de xaneiro de 1972). Animal político, Xosé Velo nunca foi animal de rabaño. Aínda que se mantivo até a morte na órbita do galeguismo co que comezara de mozo, puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, malia ter vivido en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior como no exterior (co máximo protagonismo no episodio sonado do secuestro do Santa María), segue sendo un recordo borroso para os vellos, unha figura case descoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para os máis novos.
Locutado por Marta Gómez Pérez e Aser Álvarez González. Este audiolibro de Arraianos Producións e unha obra subvencionada pola Xunta de Galicia.
Licenciado en Políticas e Xornalismo, Máster do diario EL PAÍS, especialista en Comunicación Audiovisual e fundador do Festival Internacional de Cinema Carlos Velo, traballou en prensa, radio e televisión. Socio fundador da produtora Arraianos Producións, é cineasta, director e guionista, curador de exposicións, autor de libros, guías de viaxes e proxectos multimedia. O documental "100% Celso Emilio Ferreiro", protagonizado por Luís Tosar, foi a súa ópera prima coa que gañou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental, entre outros premios en Europa e América.
Desde entón produciu e dirixiu numerosas longas e curtas documentais centradas nos procesos creativos de artistas e na recuperación da memoria e das historias de grandes personaxes.