Comeza a xogar en Play

Dámosche a benvida! Tanto se é a primeira vez que usas Play como se queres configurar un dispositivo novo, guiarémoste para que poidas gozar de toda a diversión que tes ao alcance da man. Descubre o mellor contido de todos os xéneros que ofrece Play para todo tipo de dispositivos e plataformas.
Prepárate para as próximas compras engadindo a forma de pago que prefiras. Poderás completar moito máis rápido calquera compra que fagas e seguir gozando da gran cantidade de xogos que non requiren ningún tipo de pago.

Apetéceche comezar un novo xogo?

Agora que descubriches novos xogos, botaches unha ollada a programas como Play Pass e Play Points e tes unha idea das posibilidades que se che brindan, xa tes todo listo para embarcarte nunha viaxe sen fin cargada de emocións e diversión. Bota outra ollada de cando en vez para descubrir novos títulos, ofertas, consellos, trucos e moito máis en Play.