A Sinfonía no 1 en do menor, op. 68, é unha sinfonía escrita por Johannes Brahms. Brahms pasou polo menos catorce anos rematando esta obra, cuxos bosquexos datan de 1854. O propio Brahms declarou que a sinfonía, dende os bosquexos ata os retoques finais, levou 21 anos, de 1855 a 1876. A estrea desta sinfonía, dirixida polo amigo do compositor, Félix. Otto Dessoff, ocorreu o 4 de novembro de 1876, en Karlsruhe, entón no Gran Ducado de Baden. Unha actuación típica dura entre 45 e 50 minutos.
* Wikipedia
Última actualización
6 de set. de 2022