Incorporación do perfil topográfico e información sobre altitudes e elevacións acumuladas de rutas e etapas, así como as irregularidades do percorrido na realidade aumentada. Información meteorolóxica contextualizada na realidade aumentada e nas fichas dos recursos turísticos. Mellora da accesibilidade: navegación por teclado e integración do lector de pantallas. Outras melloras: selector de tipos de mapas, ligazón ao comezo, e datos de lonxitude, dificultade e tempo das etapas.