JOINclusion ten como finalidade favorecer a inclusión social de TODO o alumnado de primaria mediante o uso dunha aplicación móbil colaborativa. Esta ferramenta, deseñada por psicólogos especializados na materia, ten como obxectivo desenvolver escenarios de aprendizaxe da empatía reforzando o impacto do seu uso. Os escenarios están deseñados para favorecer o diálogo entre os participantes e facilitar canles de expresión, favorecendo a integración. Tanto o xogo como os seus escenarios están deseñados en función das necesidades da escola, implicando aos usuarios finais desde as primeiras fases do desenvolvemento do proxecto.
Última actualización
14 de nov. de 2024