Nesta carreira interminable xoga como esta pequena pantasma divertida e non deixes que te deteñan. Nin o hospital, nin o concello... Tes o poder de superalos e seguir o teu camiño! Faino!
Este xogo xurdiu para divertirse e tamén para tentar ensinar unha realidade. As persoas trans sabemos que hai espazos nos que nos custa especialmente falar e sentirnos cómodos. Sobre todo en institucións públicas como un hospital, onde imos vulnerables por diferentes motivos: enfermidades, trámites burocráticos cun nome distinto da imaxe que suxire cando o len, discutir cuestións persoais cunha persoa que non entende a nosa identidade... Entón, encantaríame que con este mesmo poder cada persoa puidese navegar pola súa vida diaria sen medo nin pensamentos negativos
Última actualización
25 de xuño de 2024