Mostrarase unha imaxe de mostra na parte superior.
A continuación mostraranse dúas imaxes. Unha idéntica á mostra e outra semellante pero con algunha diferenza.
A súa misión será identificar a imaxe idéntica.
O xogo está pensado para persoas con cegueira, polo que tocando as imaxes unha vez escoitarase unha audiodescrición das mesmas e facendo dobre clic seleccionaremos a que creamos que é a correcta.
En calquera momento podemos deslizar os dedos pola pantalla (de arriba a abaixo) para saír.
Ao comezar o xogo, sempre aparecerá un pequeno tutorial. Se non che interesa escoitalo, podes deslizar os dedos pola pantalla para saltalo e ir directamente ao xogo.
Antes de comezar a xogar, preguntarache se queres xogar con imaxes + audiodescricións ou sen imaxes, é dicir, só con audiodescricións. Deste xeito, as persoas que non teñen problemas de visión tamén poden xogalo para adestrar a escoita, a atención, etc.
Última actualización
27 de out. de 2025