O xogo presenta 24 desafíos matemáticos moi sinxelos. Todos eles con mecánica de arrastrar e soltar.
Os números ou signos que hai que arrastrar son de cor amarela e están situados na parte inferior e deben ser levados cara aos signos de interrogación,
Nos 6 primeiros retos teremos que completar a escala numérica, é dicir colocar os números que faltan nunha cadea.
Nos 6 seguintes teremos que colocar números para completar sumas sinxelas.
Nos 6 seguintes teremos que colocar números para completar restas sinxelas.
Por último, nos últimos 6 desafíos teremos que colocar os signos de resta. suma ou igual se é o caso para que as operacións teñan sentido.
Última actualización
23 de out. de 2025