Un experimento. Pois si, este xogo é só un experimento. O experimento en cuestión quere responder a esta pregunta:
É posible crear un videoxogo desde cero sen empregar un motor de xogos? A resposta é que leva moito traballo. Este xogo é o resultado dun par de meses de traballo, no tempo libre. Mellorarase continuamente, pero dame tempo para facelo :-)
Última actualización
26 de maio de 2023