Comeza a falar un novo idioma ao instante. Con uTalk Classic, aprende as palabras e frases esenciais que precisas para poñerte a falar, gañar confianza e facer amigos onde queira que vaias.
Máis de 30 millóns de persoas en todo o mundo xa probaron o galardoado método de uTalk, desenvolvido ao longo de 25 anos, para aprender unha nova lingua. É sinxelo, divertido, con resultados inmediatos… e agora ten un novo aspecto e xogos mellorados para que a túa aprendizaxe sexa aínda máis gratificante.
uTalk Classic é:
• Motivadora: gozar de algo é a clave para non deixalo. Os xogos de uTalk Classic están deseñados para ser divertidos e adictivos, así que quererás seguir aprendendo.
• Auténtica: recorremos a falantes nativos e tradutores para ofrecerche todo o contido de uTalk Classic, asegurándonos de que aprendes a falar como un nativo.
• Intelixente: o software intelixente sabe que se che dá ben (e en que áreas precisas máis axuda), adaptando os xogos de forma única ao teu nivel.
• Perfecta para a pronuncia: grávate mentres practicas a lingua. Podes facelo tantas veces como queiras para perfeccionar o teu acento.
• Visual: as nosas fermosas ilustracións conectan as palabras con imaxes para acelerar o proceso de aprendizaxe do teu cerebro, utilizando a memoria visual para axudarche a aprender o novo idioma.
• Práctica: uTalk Classic ensínache palabras e frases que che serán realmente útiles cos seus nove temas para principiantes: primeiras palabras, comida e bebida, cores, números, partes do corpo, dar a hora, ir de compras, frases e países.
• Portátil: utiliza uTalk Classic sen conexión en calquera parte do mundo, sen preocuparte polas molestas tarifas de itinerancia cando esteas no estranxeiro.
Última actualización
25 de xan. de 2024