Parques de Galicia

10.000+
Descargas
Clasificación de contido
Todos
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Esta aplicación oficial da Xunta de Galicia descóbrelle aos seus usuarios/as a excelencia do patrimonio natural que agocha a Rede de Parques Naturais de Galicia, formada por: as Fragas do Eume e o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (A Coruña); o Monte Aloia (Pontevedra); e a Serra da Enciña da Lastra, O Invernadeiro e Baixa Limia - Serra do Xurés (Ourense). Máis de 50.000 hectáreas de exquisitos ecosistemas onde habitan singulares especies de fauna e de flora adaptadas a condicións climáticas únicas na comunidade.

Dirixida a todos os públicos, e dispoñible en galego e en castelán, a ferramenta está pensada para preparar a visita a estes 6 espazos naturais con antelación, polo que a meirande parte da información está dispoñible sen conexión para facilitar a súa consulta sen consumo de datos.

Como novidade, esta versión incorpora a nova imaxe de Parques Naturais, unha renovada galería de fotos ou a xeolocalización do/a usuario/a na maior parte dos recursos para que sexa máis doado o cálculo da ruta ata un punto de interese ou ao punto de partida dunha ruta de sendeirismo. Unha lista dos miradoiros desde os que levar de recordo as mellores fotos, referencias de ocio, de gastronomía, de turismo rural ou activo complementan o contido ofrecido para continuar a visita.

Esta nova aplicación quere ser, en definitiva, unha guía de referencia 2.0 para quen desexe explorar o legado natural de Galicia. O seu coñecemento permitirá que todos os/as galegos/as e visitantes se convertan en gardiáns futuros desta herdanza única.
Última actualización
2 de dec. de 2022

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Non se comparten datos con terceiros
Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Información persoal
Encríptanse os datos en tránsito
Podes solicitar que se eliminen os datos

Novidades

Melloras e correccións.