Find A Way: Addictive Puzzle

Contén anunciosCompras na aplicación
4,8
43.300 recensións
1 M+
Descargas
Clasificación de contido
Todos
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca deste xogo

A simplicidade é a máxima sofisticación - Leonardo da Vinci

Find A Way é un sinxelo e minimalista xogo do estilo dos crebacabezas consistente en conectar puntos. Serve para estimular o cerebro, é gratuíto, moi simple e apto para todas as idades. Dispón de máis de 1200 niveis adictivos e desafiantes. Find A Way é un dos mellores xogos crebacabezas que vas poder descargar.

Características principais:

Concepto único
Ás veces as ideas máis pequenas e simples son as máis pensadas. Find A Way parte dunha premisa moi sinxela: a partir dunha grella con puntos e cadrados debes conectar todos os puntos. Parece fácil, non si? Pois agarda...! Os puntos non poden conectarse cos cadrados, non poden conectarse dúas veces e, obviamente, hai que conectalos todos os existentes. Todo isto combinado dá como resultado un estimulante crebacabezas para o teu cerebro.

Fermoso deseño minimalista
Desfruta duns gráficos de estilo minimalista cunha música relaxante para o teu cerebro. Axuda a iluminar a túa mente e desenvolver o pensamento lóxico.

Niveis que incrementan a súa dificultade progresivamente
Resolve máis de 1200 niveis divididos en 640 gratuítos e 640 da versión Premium. Xogas os niveis gratuítos primeiro e decide se desexas continuar coa aventura. Os niveis de dificultade varían e en cada paquete de niveis o reto e a dificultade van aumentando progresivamente. Aceptas este desafío? Estimula o teu cerebro cos niveis máis difíciles.

Dot Studio
Desbloquea Dot Studio e accede a máis de 60 puntos personalizados coa cara dun gato, can ou un oso panda, coa forma dunha pizza, unha galleta ou un balón de fútbol. Converte Find A Way nunha experiencia completamente personalizada.

Variña máxica
Atascácheste nun nivel? Precisas axuda? Reláxate, usa a variña máxica para eses niveis que che custan máis. Ora ben, ten tino porque o uso da variña máxica é limitado. Mira ben onde a usas, debe ser sempre o último recurso. Alternativamente, podes desbloquear a versión Premium e obter un uso ilimitado dela.

Modo nocturno
A principal función do modo nocturno é reducir o brillo da pantalla para que non se che canse a vista mentres xogas. Os usuarios son o primeiro e o modo nocturno sempre será gratuíto. A satisfacción dos nosos xogadores é de máxima prioridade para nós.

Rendemento suave
Find A Way é un xogo gratuíto que precisa de moi poucos recursos do sistema e é compatible con multitude de dispositivos. Mesmo nun aparello de gama baixa o usuario terá unha experiencia agradable de xogo sen caídas, bloqueos ou maior lentitude.

Find A Way é gratuíto porque ten publicidade. Podes actualizarte á versión Premium e desactivar os anuncios e coñecer todo o seu potencial.
Funcionalidades de Find A Way Premium:
★ Sen publicidade para xogar sen interrupcións.
★ 640 niveis Premium máis!
★ Dot Studio, acceso a 64 puntos personalizados.
★ Dot Infinity, niveis xerados ao chou de modo ilimitado
★ Variña máxica ilimitada; reláxate e usa a variña neses niveis máis complicados.

Sigue a ZeroLogicGames nas redes sociais para estar ao tanto de promocións, eventos e novas sobre as aplicacións
• Facebook: https://www.facebook.com/ZeroLogicGames
• Twitter: @ZeroLogicGames
• Correo electrónico: logic.zero.games@gmail.com

Queres usar Find A Way na túa lingua? Axuda a traducir a aplicación. Envía un correo a zerologicgames@gmail.com.

Feito con ♥ e moito código
Última actualización
28 de set. de 2018

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Esta aplicación pode compartir estes tipos de datos con terceiros
Actividade das aplicacións, Información e rendemento das aplicacións e Códigos de identificación do dispositivo ou doutro tipo
Non se recompila ningún dato
Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca da recompilación de datos
Encríptanse os datos en tránsito

Valoracións e recensións

4,8
41.500 recensións

Novidades

Added Privacy Policy link in App and store description page.