O Simulador de Algoritmos do SO é unha aplicación educativa que lle permite simular os algoritmos que fan que un Sistema Operativo (SO) funcione.
Como quizais saiba, o obxectivo principal dun SO é administrar 4 recursos:
- A CPU.
- A memoria.
- O Sistema de Entrada/Saída (E/S).
- O Sistema de Arquivos.
Cada SO contén varios algoritmos que proporcionan as devanditas funcionalidades. Por exemplo, un algoritmo de planificación da CPU elixe que proceso debería tomar a CPU en cada intre. Un segundo algoritmo divide a memoria en porcións para cada proceso e decide que porcións deberían ser enviadas a disco y cales deberían quedarse na RAM. Outro algoritmo se encarga de xestionar tódalas interrupcións que o hardware lle pode producir ó sistema de entrada/saída, etcétera.
Para entender un SO profundamente, un debe coñecer como funcionan estes algoritmos e por que algunhas aproximacións que parecen razoables foron descartadas en Sistemas Operativos como Windows e Linux. O obxectivo desta aplicación é proporcionar explicacións sobre diferentes aproximacións a cada problema e ilustrar como funciona cada algoritmo a través de simulacións. Para este fin, esta app contén algúns exemplos, pero tamén lle permite utilizar os seus propios conxuntos de datos e verificar como funcionaría cada algoritmo con eles. Tamén é importante salientar que na meirande parte dos casos, esta aplicación non contén os algoritmos máis actuais, senón simplificacións que consideramos que son mellores para o proceso de aprendizaxe.
Características:
- Varios algoritmos de planificación de procesos apropiativos e non apropiativos:
* First Come First Served
* Shortest Job First
* Shortest Remaining Time First
* Baseado en prioridade (non apropiativo)
* Baseado en prioridade (apropiativo)
* Round Robin
- Algoritmos de interbloqueo:
* Evitación do interbloqueo (algoritmo do banqueiro).
- Algoritmos de asignación de memoria contigua:
* First fit
* Best fit
* Worst fit
- Algoritmos de substitución de páxinas:
* Substitución de páxinas óptimo
* First-In-First-Out
* Least Recently Used
* First-In-First-Out con segunda oportunidade
* Not Frequently Used
* Envellecemento (Aging)
- Para cada algoritmo:
* Permite a creación de conxuntos de datos a medida para simulación.
* Inclúe un modo exame para verificar a súa comprensión.
Última actualización
29 de ago. de 2024