O Vespucci é unha ferramenta avanzada para editar datos do OpenStreetMap, non un visor dos mapas ou unha aplicación para a navigación. Precisas dunha
conta no OpenStreetMap para empregala.
Podes baixar os datos do mapa dunha área específica e editalos. Após editar, podes subilos de xeito directo ós servidores do OSM.
Calquera mudanza accidental pode ser desfeito e tódalas mudanzas son listadas para a súa revisión antes da súa subida. O completado automático de etiquetas, os presets compatíbeis do JOSM, as ligazóns ás páxinas traducidas de elementos do mapa e mesmo o auto-completado de nomes de rúas pretas axudan a atopar as etiquetas axeitadas para empregar.
Recomendámoche deshabilitar as actualizacións automáticas do Vespucci para que podas subir as modificacións antes que a aplicación se actualice.
Podes atopar máis información e documentación no
vespucci.io e na axuda do dispositivo.
O OpenStreetMap, o OSM e o logotipo da lupa son marcas rexistradas da
OpenStreetMap Foundation. A aplicación do Vespucci non está avaliada nin afiliada á OpenStreetMap Foundation.