Tuta permítelle tirar proveito dos beneficios da nube - dispoñibilidade, flexibilidade, respaldo automático - sen comprometer a súa seguridade. Co sistema de cifrado de Tuta vostede é dono dos seus datos, ninguén máis pode acceder a eles. Tuta posúe unha interface de usuaria lixeira e bela, con decorado escuro incluído, con notificacións push, sincronización automática, busca de texto completo, xestos táctiles e máis.
A app de correo electrónico de código aberto de Tuta permítelle enviar correos cifrados de extremo-a-extremo a quen queira. Incluso correos que son enviados sen cifrado extremo-a-extremo e todos os seus contactos gárdanse cifrados nos servidores de Tuta.
A nosa paixón pola intimidade.
Tuta constrúese por un equipo apaixoado polo dereito a intimidade de todas as persoas. Temos o soporte dunha comunidade incríble, que nos permite medrar de xeito contínuo facendo de Tuta un éxito sen depender dos intereses do capital risco.
Tuta respetao a vostede e aos seus datos:
- só vostede pode acceder aos seus correos e contactos.
- Tuta non o rastrexa nin fai un perfil de vostede.
- Apps e cliente de código aberto.
- A nova busca de texto completo permítelle buscar dentro da caixa de correo.
- TLS con soporte PFS, DMARC, DKIM, DNSSEC e DANE.
- Restablecemento de contrasinal seguro que non nos da a nós ningún acceso.
- 100% desenvolto e localizado en Alemaña baixo as Leis de Protección de Datos (GDPR).
Sitio web oficial: https://tuta.com
Código fonte: https://github.com/tutao/tutanota
Coa App Tuta vostede pode:
- Crear o seu propio enderezo de correo electrónico Tutanota (rematando en @tuta.com, @tutanota.com, @tutanota.de, @tutamail.com, @tuta.io or @keemail.me) con 1 GB de almacenamento gratuíto.
- Utilizar o seu propio dominio para o correo por €3 ao mes.
- Enviar e recibir correos cifrados de extremo-a-extremo a calquera.
- Enviar e recibir correos ao vello estilo (sen cifrado). Incluso estos correos almacénanse cifrados nos servidores de Tuta.
- Cifrado automático do asunto, contido e anexos.
- Notificacións push ao instante.
- Autocompletado de enderezos de correo según va escribindo desde os contactos de Tutanota ou do teléfono.
A app de Tuta solicita poucos permisos para manter o nivel de intimidade ao máximo:
- Acceso completo a rede: utilizado para enviar e recibir o correo.
- Recibir datos de internet: para notificarlle cando recibe un novo correo.
- Ver conexións de rede: para comprobar si existe conexión a rede.
- Ler os seus contactos: esto permítelle escoller destinatarios desde os contactos do teléfono.
- Ler a tarxeta SD: permítelle engadir anexos desde a tarxeta SD aos correos.
- Control da vibración: para notificarlle cando recibe un correo.
- Desactivar o modo nocturno: para notificarlle cando recibe un novo correo.
Última actualización
28 de out. de 2024