A nova aplicación do OAGER permite solicitar cita previa para os diferentes procedementos que se poden realizar no organismo, facilitando o proceso e acelerando a solicitude.
Doutra banda, proporciona un calendario no que poderá consultar rapidamente os diferentes prazos para levar a cabo os pagamentos dos impostos que se deben pagar neste organismo.
Permite a comunicación e interacción co organismo a través do "Buzón do contribuínte" e solicitando unha chamada a través do servizo "Chamámoste".
Tamén facilita a consulta e execución de todas as accións, procedementos e servizos que requiren autenticación por medios electrónicos a través da Sede Electrónica.
Última actualización
11 de xuño de 2024