Dende a aplicación Mabe Socios, o gandeiro pode introducir as súas previsións de entrada que son tan importantes para o departamento comercial, coñecer cales son os seus cultivos para a campaña actual así como as explotacións declaradas, o balance e límite de envases, consultar toma de mostras por lotes. recepcións, albaranes, facturas, retencións realizadas, etc... todo dun xeito moi sinxelo e resumido.
Tamén poderás coñecer a situación económica das túas contas, as estatísticas de campañas, o rendemento por parcela así como as previsións meteorolóxicas e as novidades relacionadas coa empresa e o sector agroalimentario.
Última actualización
22 de set. de 2025