Trátase dunha serie de nivel B1 especialmente pensada para persoas adultas, xa que o material está organizado en unidades temáticas que fan fincapé en situacións cotiás relacionadas coas necesidades e intereses do alumnado adulto (p. ex. traballo, tecnoloxía, viaxes, etc.). A gran variedade de exercicios que enfatizan a comunicación axudan aos estudantes a desenvolver as súas habilidades lingüísticas e a comunicarse en inglés con facilidade e eficacia. Ademais, o interese do alumnado mantense intacto mediante textos interesantes de temática actual e ilustracións atractivas.
A serie vai acompañada do i-book, un software interactivo, que se basea no material da serie e facilita o estudo independente.
O i-book contén:
• Vocabulario con pronuncia, tradución e exemplos
• Lectura de textos con audios
• Actividades extra de vocabulario e gramática diferentes ás do libro
• Sistema automático de avaliación: Os exercicios corrixense automaticamente, para facilitar o estudo independente. O alumno/a pode gardar a súa nota e/ou enviala electrónicamente ao profesor.
• Glosario: glosario electrónico con todo o vocabulario da serie
• Verbos irregulares con pronuncia de todos os verbos irregulares
Agora podes descargar a aplicación i-book para aprender inglés de forma sinxela e agradable desde a túa tableta ou teléfono intelixente.
Última actualización
28 de xul. de 2025