Festas que apostan pola autenticidade, coa intención de poñer en valor diversos territorios rurais ou periféricos do país cunha gran riqueza paisaxística e patrimonial.
A nosa misión: Ofrecer experiencias diferenciadas dos festivais convencionais.
Buscamos algo máis: descentralizar as ofertas de lecer das zonas comúns, crear vínculos co patrimonio e a cultura local, darlle espazo á arte e á gastronomía como parte da experiencia; e xerar unha conexión entre o público, os artistas e os territorios onde se sitúan.
Última actualización
2 de xuño de 2025