AndStatus é un cliente de código aberto para varias contas en varias redes sociais, incluíndo
GNU social, Mastodon e Pump.io.
AndStatus combina as súas fontes de diferentes redes nunha liña temporal,
e permítelle ler e publicar cando non está en liña.
Para dispositivos Android v.7.0+.
Características diferenciais de AndStatus:
1. Varias contas en diferentes redes sociais. Pode ter varias contas en cada unha, escribir/respostas con calquera dos "vostede" e compartir entre contas e redes.
2. Non precisa estar en liña para ler liñas temporais e publicar as súas actualizacións: borradores e mensaxes non enviadas son gardadas incluso tras reiniciar. Serán enviadas cando volte a estar en liña.
3. Axeitada "Vista de conversación" en estilo ramificado.
4. "Busca global" permítelle buscar notas públicas en todas as redes con unha soa consulta.
5. Listas de amigos e seguidores, presentadas como Listas de Usuaria e Liñas Temporais (coa última mensaxe de cada Usuaria).
6. Notas (chíos)/avatares/imaxes anexas sincronízanse en segundo plano, cando o dispositivo ten boa conexión. Por omisión os anexos só se descargarán vía WiFi.
7. Os datos en memoria pódense gardar durante anos ou so días - o que vostede queira.
8. Respalde notas e contas e Restaureas desde calquera dos seus dispositivos. Os seus datos son seus!
9. Gratuíto e sen anuncios, apoiado pola comunidade.
Vexa o Rexistro de cambios para a descrición de todas as características de AndStatus con ligazóns a súa discusión:
http://andstatus.org/changelog.html
Última actualización
6 de dec. de 2023