O Museo de Historia Natural de Belgrado é unha das institucións nacionais serbias máis antigas. Este museo é un dos máis importantes do sueste europeo en canto á riqueza e diversidade das exposicións, os resultados acadados no ámbito da museoloxía e da ciencia. Foi fundado oficialmente en 1895, e entón chamouse Museo Natural da Terra Serbia.[1] A pesar de ter 2 millóns de elementos e artefactos, o museo non ten exposición permanente nin espazo de exposición adecuado.
Última actualización
1 de dec. de 2022