Define o teu nivel, aprende na montaña e practica con rutas de sendeirismo e neve. Consulta o mapa sen conexión e recibe notificacións con información útil durante o camiño. Crea grupos para planificar a próxima saída e consulta os informes meteorolóxicos por zona e hora.
Cremos nunha relación a longo prazo co monte a través de actividades que respecten o medio ambiente e as persoas. Acompañámoste na práctica das túas actividades ao aire libre para evolucionar no sendeirismo, raquetas de neve, esquí e montañismo (con e sen neve) con seguridade.
Define o teu nivel
Dersu ofréceche un sistema de niveis en actividades de montaña para que sexa máis doado atopar as rutas adecuadas para ti e para a práctica que queres facer: sendeirismo, raquetas de neve, esquí ou montañismo (con e sen neve)
Para definir o nivel temos en conta o perfil técnico de cada actividade, o rendemento físico e as condicións psicolóxicas ante o risco. O sistema de niveis está deseñado coas bases dos niveis oficiais e o coñecemento de guías técnicos de gran experiencia.
Co teu nivel definido, poderás establecer as túas capacidades e evolucionar no rendemento dun xeito progresivo e seguro.
Planificación: mapas, waypoints, tempo e grupo
A planificación das rutas na montaña é fundamental para que teñan éxito. En Dersu pódese consultar os informes meteorolóxicos e de avalanchas (BPA) asociados á zona e a hora á que pensa ir.
Poderás ver o mapa do terreo, o relevo da ruta e os puntos de interese ou waypoints con información útil para coñecer polo miúdo as características do itinerario.
Sabemos que hai que ir ao monte en compañía, polo que tamén podes crear grupos para compartir a información do plan e ver se a ruta é adecuada para cada persoa.
Información útil sobre a ruta: mapas sen conexión e avisos
Por suposto, funciona sen cobertura. Por comodidade e seguridade, podes consultar o mapa sen conexión, mirar o tempo e recibir alertas cando te achegues a un punto importante.
Tamén podes acceder a información para axudarche a tomar decisións que che poden axudar nos momentos críticos.
Última actualización
26 de abr. de 2024