Quinb é un xogo de reacción/lóxica para ata 4 xogadores no mesmo dispositivo.
Contén moitos minixogos nos que tes que responder preguntas o máis rápido posible para conseguir un punto.
Se a resposta é correcta marcas un punto, senón perderás un.
Estes xogos baséanse en 3 categorías diferentes:
‣ Lóxica: xogos que requiren intuición, lóxica e reflexos rápidos
‣ Audio: xogos baseados en son, tes que escoitar atentamente para descubrir a resposta correcta
‣ Vibración: xogos baseados en vibracións que requiren que escoites atentamente as vibracións do teu dispositivo
Cada partida consiste nunha sucesión de minixogos diferentes.
O obxectivo é marcar 7 puntos antes que os teus opoñentes.
Podes xogar só se queres, pero é máis divertido xogar con amigos de todas as idades. É xenial se estás atrapado sen nada que facer mentres estás cos amigos.
Se cres que eres rápido, desafía e vence aos teus amigos!
Características principais:
★ Máis de 28 minixogos
★ Ata 4 xogadores no mesmo dispositivo
★ Completamente gratuíto
★ Sen anuncios
★ Varios idiomas
★ Deseño minimalista
Última actualización
19 de ago. de 2024