Nace como parte do proxecto Smart Camiño co fin de acompañarte na túa viaxe e ser a túa guía de peto; é unha aplicación móbil pioneira, que ten a grande aspiración de situarse como líder no seu segmento.
Achega información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.
Disporás, en tempo real, de toda a información que necesites en cada momento:
— Acceso a toda a información dos trazados oficiais das rutas. Ademais para os usuarios rexistrado permitirá acceder ás rutas personalizadas no portal
— Rede oficial de albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotos
— Acceso a información de eventos (festas, concertos, talleres...)
— Información detalladas (descrición, localización, imaxes…) de todos os recursos turísticos
— En cada un dos tramos poderá consultar onde comer, onde aloxarse, que visitar…
— Alertas de ofertas publicadas establecementos turísticos
— Información en tempo real das condicións meteorolóxica fornecida por Meteogalicia
— Datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias
— O meu diario permitirá gardar os momentos máis importantes do Camiño (notas de texto/fotos), para posteriormente a través da funcionalidade do portal A miña Experiencia crear o seu propio libro dixital
— Dispoñible nos idiomas galego, español, inglés, alemá, francés, italiano e portugués
Ademais, a maior parte das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura no móbil.
Oxirgi yangilanish
13-iyn, 2024