Lady and the Tramp

2019 • 103 minutos
PG
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Lady and the Tramp é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Charlie Bean e escrito por Andrew Bujalski e Kari Granlund, e producido por Walt Disney Pictures. O filme é unha adaptación de acción en vivo do filme de animación de 1955 de Walt Disney, que á súa vez se basea na historia da revista Cosmopolitan "Happy Dan, the Cynical Dog" creada por Ward Greene. O filme conta coas voces de Tessa Thompson, Justin Theroux, Janelle Monáe e Sam Elliott, e coas interpretacións humanas de Thomas Mann, Kiersey Clemons, Yvette Nicole Brown, F. Murray Abraham, Adrian Martinez e Ken Jeong. Está dedicado ó artista Chris Reccardi, que morreu o 2 de maio de 2019.
Lady and the Tramp estreouse o 12 de novembro de 2019 en Disney+, sendo o primeiro remake de Disney que non se estreou nas salas de cinema. O filme recibiu valoracións dispares da crítica, que eloxiou as interpretacións e voces, mais criticou os seus efectos visuais, guión e ritmo.
Valoración
PG