O monstro mariño é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Chris Williams, no seu debut como director en solitario. O filme está protagonizado polas voces de Karl Urban, Zaris-Angel Hator, Jared Harris, Marianne Jean-Baptiste, Dan Stevens e Kathy Burke.
Producido en Netflix Animation, o filme estreouse en cinemas escollidos o 24 de xuño de 2022, antes de estrearse en Netflix o 8 de xullo, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego, sendo o primeiro filme orixinal desta plataforma en estar en galego.
O monstro mariño foi traducido para dobraxe por María Luísa Lage e para subtitulado por Noelia Bernárdez Alonso.