Glass Onion: A Knives Out Mystery

2022
PG-13
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Glass Onion: A Knives Out Mystery é un filme estadounidense de 2022 dirixido e escrito por Rian Johnson e producido por Johnson e Ram Bergman. É unha secuela do filme de 2019 Puñais polas costas, con Daniel Craig de novo no papel do detective Benoit Blanc, que toma o caso do millonario Miles Bron. O resto do elenco está composto por Janelle Monáe, Kathryn Hahn, Leslie Odom Jr., Jessica Henwick, Madelyn Cline, Kate Hudson e Dave Bautista.
Despois da estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 10 de setembro de 2022, Glass Onion estreouse nos cinemas dos Estados Unidos durante unha única semana a partir do 23 de novembro de 2022, recibindo a estrea cinematográfico máis ampla da historia para un filme de Netflix e recadando 15 millóns de dólares; Netflix comezou a emitila en liña o 23 de decembro, onde conta cunha versión subtitulada en galego.
Valoración
PG-13