Evangelion: 1.0 You Are (Not) Alone

2009 • 100 minutos
PG-13
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Evangelion: 1.0 You Are (Not) Alone. é un filme xaponés de 2007 de animación e ciencia ficción escrito e dirixido por Hideaki Anno. É o primeiro título da tetraloxía Rebuild of Evangelion, baseada na serie de televisión Neon Genesis Evangelion. A historia, que está ambientada na cidade futurista de Tokyo-3 quince anos despois dunha catástrofe planetaria coñecida como o Segundo Impacto, céntrase en Shinji Ikari, un rapaz que é recrutado pola axencia especial Nerv para pilotar un mecha xigante coñecido como Eva, e loitar xunto coa súa compañeira piloto Rei Ayanami contra unha especie de monstros misteriosos coñecidos como Anxos. O filme conta co mesmo elenco de actores de voz da serie orixinal, incluíndo Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Kotono Mitsuishi como Misato Katsuragi.
Evangelion: 1.0 foi concibido como a primeira entrega dun remake en tres partes de Neon Genesis Evangelion cunhas cento cincuenta novas tomas; porén, durante a produción o persoal non puido reutilizar os debuxos orixinais da serie e tivo que comezar a produción dende cero.
Valoración
PG-13