Bo Nadal, Mr. Lawrence, é un filme británico-xaponés-neozelandés de 1983 dirixido por Nagisa Ōshima, producido por Jeremy Thomas e protagonizado por David Bowie, Tom Conti, Ryuichi Sakamoto, Takeshi Kitano e Jack Thompson. O guión é obra de Oshima xunto con Paul Mayersberg e baséase na experiencia de Laurens van der Post como prisioneiro nun campo xaponés durante a segunda guerra mundial.
Estreouse en galego o 28 de decembro de 1991 a través da TVG.