Ju Dou é un filme chinés-xaponés de 1990 dirixido por Zhang Yimou e Yang Fengliang e protagonizado por Gong Li. Salienta por ser un filme creado en Technicolor moito tempo após o proceso fose abandonado nos Estados Unidos. Foi o primeiro filme chinés en ser nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, na 63ª edición dos premios.
O filme é unha traxedia, centrándose na personaxe de Ju Dou, unha muller nova e fermosa que é vendida como esposa a Jinshan, un vello tinguidor de teas. A historia está baseada nunha novela, Fuxi Fuxi de Liu Heng.
O filme foi prohibido durante uns poucos anos na China, mais a prohibición foi finalmente levantada e o goberno chinés deu permiso para a súa proxección en xullo de 1992.