Tebras

1987 • 96 minutos
NC-17
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Tebras é un filme italiano de 1982 escrito e dirixido por Dario Argento. Está protagonizado por Anthony Franciosa, no papel do autor estadounidense Peter Neal quen, mentres está en Roma promocionando o seu último libro de misterio e asasinatos, se ve envolto na procura dun asasino en serie que poida que a súa novela inspirase a matar. John Saxon e Daria Nicolodi coprotagonizan o filme intepretando respectivamente o axente de Neal e a súa asistenta, mentres Giuliano Gemma e Carola Stagnaro aparecen como os detectives que investigan o caso. John Steiner, Veronica Lario e Mirella D'Angelo tamén aparecen facendo papeis menores. O filme foi descrito como unha exploración do dualismo e da aberración sexual, e ten fuertes elementos de metaficción; algúns críticos consideran que "Tebras" é unha reacción directa de Argento ás críticas do seu traballo anterior, sobre todo nas súas representacións de asasinatos de mulleres.
Estreouse subtitulado en galego o 9 de xaneiro de 2021 a través da TVG.
Valoración
NC-17