L: Change the World

2008 • 128 minutos
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

L: Change the World é un filme xaponés dirixido por Hideo Nakata que se estreou no 2008. É un spin-off da serie de filmes de Death Note. Malia que o filme está inspirado no manga Death Note, escrito por Tsugumi Ohba e ilustrado por Takeshi Obata, o argumento é completamente orixinal. Está ambientado ó remate de Death Note: The Last Name.
Está protagonizado por Kenichi Matsuyama, que interpreta a personaxe de "L". Ademais, Narushi Fukuda interpreta a Near, e Mayuko Fukuda fai o papel de Maki Nikaido, unha personaxe que non aparece no manga orixinal.