Manchester by the Sea

2016 • 137 minutos
R
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Manchester by the Sea é un filme dramático estadounidense de 2016, dirixido e escrito por Kenneth Lonergan e protagonizado por Casey Affleck, Michelle Williams e Kyle Chandler. A rodaxe do filme comezou o 23 de marzo de 2015, en Manchester-by-the-Sea, Massachusetts. Recadou 77 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 8,5 millóns.
Manchester by the Sea recibiu aclamacións da crítica trala súa estrea, sendo considerado un dos mellores filmes de 2016. Nos Óscar de 2017, o filme recibiu seis nomeamentos: mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actor secundario, mellor actriz secundaria e mellor guión orixinal, gañando o de mellor actor e mellor guión. Tamén gañou o Globo de Ouro a Mellor Actor nun drama sendo nomeado para catro categorías máis.
Valoración
R