Majo no takkyūbin

1990 • 103 minutos
G
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Majo no takkyūbin é un filme xaponés de 1989 de animación e fantasía escrito, producido e dirixido por Hayao Miyazaki como unha adaptación da novela homónima de Eiko Kadono. Foi animado por Studio Ghibli para Tokuma Shoten, Yamato Transport e Nippon Television Network e foi distribuído por Toei Company. O filme conta a historia dunha rapaza bruxa, Kiki, quen se muda a unha nova cidade e usa a súa habilidade para voar para gañarse a vida. Nesta obra Miyazaki mostra o comezo do camiño á idade adulta do personaxe, coa responsabilidade que iso comporta.
Majo no takkyūbin estreouse no Xapón o 29 de xullo de 1989, e gañou o Gran Premio de Anime Animage. Foi o primeiro filme en estrearse na distribución a menores de 15 anos coa colaboración de The Walt Disney Company e Studio Ghibli.
Valoración
G