El guardián invisible é un filme español dirixido polo pamplonés Fernando González Molina estreado en 2017. É unha adaptación cinematográfica da primeira novela da Triloxía do Baztán, O gardián invisible, de Dolores Redondo. O filme foi preestreado o 22 de febreiro de 2017 no Palacio de Congresos e Auditorio de Navarra de Pamplona.
A súa secuela, Legado en los huesos, estreouse o 5 de decembro de 2019.