1991: The Year Punk Broke

2011 • 95 minutos
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

1991: The Year Punk Broke é un documental do ano 1992 dirixido por Dave Markey que amosa a unha serie de bandas estadounidenses de xira por Europa no ano 1991. O documental céntrase no grupo de rock alternativo Sonic Youth, pero tamén lle presta atención a Nirvana, Dinosaur Jr., Babes in Toyland, Gumball e Ramones. Tamén aparecen no filme Mark Arm, Dan Peters e Matt Lukin de Mudhoney, Courtney Love e Joe Cole, roadie de Black Flag e Rollins Band, que foi asasinado nun roubo tres meses despois de que a xira rematase. O ducumental está adicado a el.
Nunha proxección do filme no festival All Tomorrow's Parties en Monticello, Nova York, Markey dixo que o título inicial do traballo ía ser "Tooth or Hair", un xogo de palabras co documental de Madonna Truth or Dare.
En setembro do ano 2011 o documental foi re-editado en DVD. As súas imaxes foron restauradas co son sincronizado novamente en estéreo PCM sen comprimir, baixo a supervisión de Sonic Youth.