Astérix e a residencia dos deuses é un filme franco-belga de animación de 2014 escrito e dirixido por Alexandre Astier. Baséase no libro de banda deseñada Le Domaine des Dieux da serie Astérix creada por Goscinny e Uderzo. O filme conta coas voces orixinais en francés de Roger Carel, Guillaume Briat, Lionnel Astier, Serge Papagalli e Florence Foresti. O argumento do filme cínguese ó do libro de maneira moi exacta, mais tamén expande a historia. Foi o primeiro filme de Astérix feito en animación 3D.
Estreouse en galego o 21 de decembro de 2020 a través da tvG2.