Der Baader Meinhof Komplex é un filme alemán de 2008 dirixido por Uli Edel. Escrito e producido por Bernd Eichinger, está protagonizado por Moritz Bleibtreu, Martina Gedeck e Johanna Wokalek. Baséase no libro alemán homónimo de 1985 escrito por Stefan Aust. Conta a historia dos primeiros anos da organización terrorista de esquerdas, Fracción do Exército Vermello, que operou na Alemaña occidental dende 1967 até 1977.
O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios. Tamén foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.