A chave secreta é un filme erótico italiano de 1983 dirixido por Tinto Brass. Ambientado en Venecia durante o réxime fascista nos primeiros meses do ano 1940, narra a historia dunha muller duns corenta anos que non pode corresponder ao seu marido, mais experimenta un espertar sexual tardío co prometido da súa filla, o que lle permite por fin compracer ao seu marido. O filme causou escándalo nalgúns sectores porque contén varias tomas explícitas de espidos e escenas de sexo coa recoñecida actriz Stefania Sandrelli. Porén, o filme obtivo un certo nivel de éxito comercial.
Estreouse subtitulado en galego o 5 de decembro de 2020 a través da TVG.