A batalla dos deuses

2014 • 85 minutos
PG
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

A batalla dos deuses, é o 18ª filme baseado na serie de manga e anime Dragon Ball, e o 14ª da etapa Dragon Ball Z, foi estreado no Xapón o 30 de marzo de 2013. É o primeiro filme de Dragon Ball en 17 anos que se estrea nos cines, sendo o anterior O camiño cara ó máis forte estreado en 1996 co gallo do décimo aniversario. Ó contrario que outros filmes de Dragon Ball, esta foi unha produción longa duración e non como parte de Toei Anime Fair.
É o primeiro filme xaponés da historia estreado en IMAX Digital Theaters, e foi lanzado en Blu-ray e DVD o 13 de setembro de 2013. A batalla dos deuses foi o primeiro filme considerado como parte oficial do argumento de Dragon Ball, e está ambientado no tempo do capítulo 517 do manga orixinal. De feito, o creador do manga, Akira Toriyama, estivo moi involucrado no proxecto. O argumento trata sobre Beerus, o deus da destrución, que aprende sobre a derrota de Freezer a mans de Son Goku. Vendo en Son Goku un opoñente á súa altura, Beerus, xunto co seu compañeiro Whis, viaxa á Galaxia Norte para retar a Son Goku a unha batalla.
Valoración
PG