Evangelion: 2.0 You Can (Not) Advance

2009 • 108 minutos
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Evangelion: 2.0 You Can (Not) Advance. é un filme xaponés de 2009 de animación e ciencia ficción escrito e dirixido por Hideaki Anno. É o segundo título da tetraloxía Rebuild of Evangelion, baseada na serie de televisión Neon Genesis Evangelion. Foi producido e distribuído polo Studio Khara de Hideaki Anno en colaboración con Gainax.
O filme continúa a historia de Evangelion: 1.0 You Are (Not) Alone, con Shinji Ikari no papel principal como o piloto dun dos xigantescos Evangelion como parte da loita continua de NERV contra as misteriosas criaturas coñecidas como Anxos. Aínda que reproduce moitas escenas e elementos da trama da serie orixinal, o filme tamén introduce outras novas, incluíndo criaturas de deseño novo e personaxes novos, como Mari Illustrious Makinami, e integra tecnoloxía CG 3D. O seu final facilita a transición aos importantes cambios na historia orixinal que se relatan no terceiro filme, Evangelion: 3.0 You Can (Not) Redo.