Johnny colleu o seu fusil

1971
PG
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Johnny colleu o seu fusil é un filme estadounidense antibélico escrito e dirixido por Dalton Trumbo e protagonizado por Timothy Bottoms, Kathy Fields, Marsha Hunt, Jason Robards, Donald Sutherland e Diane Varsi. Baséase na novela homónima de Trumbo.
Aínda que tivo certo éxito no tempo da súa estrea, foi esquecido pouco despois polo gran público. A pesar de que se coñece que Jimmy Carter esixiu aos membros do seu goberno que visen o filme pouco despois da súa elección como gobernador de Xeorxia en 1971, o filme fíxose máis popular cando foi incluído no vídeo da canción "One", de Metallica, que acabou por converter Johnny colleu o seu fusil nun filme de culto. Os membros de Metallica compraron os dereitos do filme para poder seguir mostrando o videoclip sen pagar royalties adicionais.
Foi emitido na TVG o 24 de marzo de 2018.
Valoración
PG