Arredor de medianoite é un filme franco-estadounidense de 1986 dirixido por Bertrand Tavernier. Foi escrito por Tavernier e David Rayfiel e está protagonizado por Dexter Gordon, François Cluzet e Herbie Hancock. Martin Scorsese, Philippe Noiret e Wayne Shorter fan cameos no filme.
Estreouse en galego o 20 de abril de 1990 a través da TVG.