Seul contre tous

1999 • 92 minutos
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Seul contre tous é un filme francés realizado por Gaspar Noé en 1998, é unha continuación da súa primeira mediametraxe, Carné.
Gaspar Noé tivo grandes dificultades para xuntar os fondos necesarios para a realización desta, a súa primeira longametraxe. Precisou cinco anos para completar o traballo que tivo que autofinanciar ao ser rexeitado por todas as televisións.
Gran parte do diálogo consiste no monólogo interior con voz en off dun carniceiro que acaba de saír da prisión e que pretende refacer a súa vida partindo de cero.