Wild at Heart

1990 • 124 minutos
R
Clasificación
Este artigo non está dispoñible

Acerca desta película

Wild at Heart é un filme estadounidense de 1990 escrito e dirixido por David Lynch, e baseado na novela pulp Wild at Heart: The Story of Sailor and Lula de Barry Gifford. A historia do libro, máis da película, xira arredor de Sailor Ripley e Lula Pace Fortune, unha parella de Cape Fear que decide fuxir da nai da rapaza, dominante e sobreprotectora con ela. Como resultado dos plans da nai, a historia vólvese complicada.
Lynch ía orixinalmente producir o filme, mais despois de ler o libro de Gifford decide tamén escribilo guión e dirixila adaptación cinematográfica. Ao cineasta non lle gustaba o final da novela, co fin de manter a súa visión sobre os personaxes principais. Wild at Heart é unha road movie, con momentos estrambóticos, case sobrenaturais e con violencia sen sentido.
As proxeccións anticipadas da película non tiveron moito éxito; Lynch estimou en 80 persoas viran a primeira proxección anticipada e unhas cen a seguinte. O filme recibiu críticas negativas, aínda que obtivo un éxito moderado nos portelos dos Estados Unidos, engrosando 14 millóns de dólares estadounidenses, sobre os dez millóns de orzamento inicial.
Valoración
R