Ōkami Kodomo no Ame to Yuki é un filme xaponés de 2012 dirixido e coescrito por Mamoru Hosoda. O filme está protagonizado polas voces de Aoi Miyazaki, Takao Osawa e Haru Kuroki. O filme conta a historia dunha nai moza que debe criar soa os seus dous fillos medio humanos medio lobos, Ame e Yuki, despois de que o seu pai, un lobishome, morrese.