La catedral del mar é unha serie de televisión, baseada na novela homónima de Ildefonso Falcones, producida por Atresmedia, Televisió de Catalunya e Netflix en colaboración con Diagonal TV. Está protagonizada por Aitor Luna, Michelle Jenner e Silvia Abascal, entre outros. A súa estrea tivo lugar o 23 de maio de 2018. A serie está composta por unha única tempada de 8 episodios de menos dunha hora de duración.