Acerca deste programa

Aída é unha serie de televisión, do xénero da comedia de situación, producida por Globomedia para a cadea española Telecinco, que a estreou o 16 de xaneiro de 2005.
Orixinalmente protagonizada por Carmen Machi no papel de Aída García, xurdiu como un spin-off da serie Siete Vidas, na que Aída era unha «chacha» que traballaba para Sole e que despois comezou a traballar tamén no "Kasi ké no", o bar de Gonzalo. A serie comeza cando o pai de Aída morre deixándolle a casa familiar, á que Aída decide regresar cos seus dous fillos menores ás costas, desatando así unha manchea de enredos cómicos que se desenvolven entre reencontros casuais con antigos veciños e amigos e bromas sen sentido. Porén, durante a sexta temporada da serie, Carmen Machi abandona a serie e entra no seu lugar Miren Ibarguren, interpretando o papel de Soraya, a filla máis vella de Aída, que vai vivir con toda a familia, facéndose cargo dela. Na novena temporada, Carmen Machi volve á serie.