Acerca deste programa

Reservation Dogs é unha serie de televisión estadounidense creada por Sterlin Harjo e Taika Waititi para FX Productions. É a primeira serie notábel que conta con guionistas e directores indíxenas, así como un elenco e un equipo de produción case completamente composto por indíxenas norteamericanos. É tamén a primeira serie rodada completamente en Oklahoma. A serie estreouse a través de FX on Hulu o 9 de agosto de 2021. En setembro de 2021, a serie foi renovada para unha segunda tempada, e a unha terceira en 2022, a cal se estreou o 2 de agosto de 2023. A serie rematou o 27 de setembro de 2023.